Volver ao Concello

Consulta de Multas de Tráfico

Descrición

Consulta das sancións de tráfico do cidadán, tanto as pagas como as non pagas. Desde dita consulta o cidadán pode pagar as sancións.

¿Quen o pode solicitar?

Calquera persoa física ou xurídica.

Requisitos

Require DNI dixital ou certificado dixital.

Información e documentación a achegar

· Certificado dixital ou DNI electrónico.
· Se non é o titular, deberá presentar autorización e copia de documento identificativo do titular e do autorizado.
· En caso de persoa xurídica: copia de poder de representación ou autorización, copia de escritura de constitución, copia de documento identificativo do representante e, no seu caso, de autorizado, e copia de cartón de identificación fiscal (CIF). Se procede, documento de pago con data límite vencida.

Normativa

· Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
· Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
· Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.
· Lei 18/2009, de 23 de novembro, pola que se modifica o texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, en materia sancionadora.
· Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.
· Real Decreto 320/1994, de 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Procedemento Sancionador en Materia de Tráfico, circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.

¿Quen tramita a solicitude?

Concello de Ribadeo

Trámites con certificado dixital

O rexistro en liña de E / S está fóra de servizo tras a conclusión de actividades de mantemento e actualización

Concello de Ribadeo
Plaza España 1. 27700 Ribadeo (Lugo)
Teléfono: 982120700 | Fax: 982130975
Correo electrónico: