Volver ao Concello

Cambio de titularidade de licenza de apertura de establecementos para o desempeño de actividades recreativas e espectáculos públicos

Descrición

Mediante este procedemento é posible realizar a solicitude de cambio de Titular dunha Licenza de Apertura así como a *subsanación, envío de documentación requirida, e alegacións que sexan necesarias por parte do cidadán.

¿Quen o pode solicitar?

Calquera persoa física ou xurídica.

Requisitos

Require tramitación por parte da administración.

Información e documentación a achegar

· Fotocopia do Alta do Imposto de Actividades Económicas, ou certificación negativa no seu caso.
· Declaración Responsable.
· Escritura de Propiedade ou contrato de arrendamento cando se trate de ampliación de superficie, así como presentación de novos planos, referentes á totalidade do local.
· Licencia de Apertura anterior.
· Fotocopia do D.N.I. No caso de Sociedades, Escritura de Constitución e C.I.F.
· *Autoliquidación
· Copia do documento de Cesión do anterior titular da Licenza.
· Declaración de Falecemento (no suposto de falecemento)
· Declaración de Herdeiros (no suposto de falecemento)
· Copia compulsada da escritura de constitución da sociedade solicitante (cando a persoa solicitante ou o anterior titular sexa unha sociedade mercantil ou civil)
· Copia da escritura de constitución da sociedade transmitente (cando a persoa solicitante ou o anterior titular sexa unha sociedade mercantil ou civil)
· Copia compulsada do poder de representación da sociedade (cando a persoa solicitante ou o anterior titular sexa unha sociedade mercantil ou civil)
· Autorización de representación no seu caso
· Xustificante de pago (ficheiro pdf do xustificante de pago telemático ou ficheiro escaneado do recibo bancario)

Normativa

· Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
· Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
· Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
· Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
· Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
· Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
· Ordenanza Fiscal Municipal Reguladora de Licenzas.

¿Quen tramita a solicitude?

Concello de Ribadeo

Trámites con certificado dixital

O rexistro en liña de E / S está fóra de servizo tras a conclusión de actividades de mantemento e actualización

Concello de Ribadeo
Plaza España 1. 27700 Ribadeo (Lugo)
Teléfono: 982120700 | Fax: 982130975
Correo electrónico: