Volver ao Concello

Solicitude de cambio de Titularidade de Licenza de Actividade.

Descrición

Mediante este trámite o interesado ten a posibilidade de realizar un cambio na titularidade dunha Licenza de Actividade para establecementos mercantís e industriais, de forma *telemática.

¿Quen o pode solicitar?

Calquera persoa física ou xurídica.

Requisitos

Require tramitación por parte da administración.

Información e documentación a achegar

· Fotocopia do DNI do solicitante e representante, no seu caso
· Declaración Responsable
· Fotocopia do Alta do Imposto de Actividades Económicas, ou certificación negativa no seu caso.
· Copia da autoliquidación de taxas
· Copia da Licenza de Actividade
· Copia do Contrato de Arrendamento ou Xustificación da propiedade
· Copia do documento de Cesión do anterior titular da Licenza
· Declaración de Falecemento e Declaración de Herdeiros (no suposto de falecemento)
· Copia da sentenza do xuízo de desafiuzamento , e no seu caso, do lanzamento do arrendatario ou precarista (no caso que o propietario do local non sexa o mesmo que o titular da actividade)
· Copia compulsada da escritura de constitución da sociedade solicitante (cando a persoa solicitante ou o anterior titular sexa unha sociedade mercantil ou civil)
· Copia da escritura de constitución da sociedade transmitente (cando a persoa solicitante ou o anterior titular sexa unha sociedade mercantil ou civil)
· Copia compulsada do poder de representación da sociedade, outorgado a favor do solicitante (cando a persoa solicitante ou o anterior titular sexa unha sociedade mercantil ou civil)
· Autorización de representación no seu caso.
· Xustificante de pago (ficheiro pdf do xustificante de pago telemático ou ficheiro escaneado do recibo bancario)
· Baixa no IAE do anterior titular ou acreditación por calquera medio admisible en dereito que non estivo pechado por tempo superior a 6 meses (cando se trate dunha Licenza de Actividade Clasificada)
· Proxecto técnico de adecuación de instalacións á normativa vixente (cando se trate dunha Licenza de Actividade Clasificada e a licenza sexa posterior a 1998)
· Informe realizado por empresa homologada pola Xunta de Galicia con medición acústica no que conste que as medidas de insonorización cumpren o disposto no Decreto 320/2002 (cando se trate de actividades que poidan producir ruídos por contar con instalacións frigoríficas, aire acondicionado, cortadoras, etc..)

Normativa

· Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
· Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
· Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
· Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
· Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
· Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

¿Quen tramita a solicitude?

Concello de Ribadeo

Trámites con certificado dixital

O rexistro en liña de E / S está fóra de servizo tras a conclusión de actividades de mantemento e actualización

Concello de Ribadeo
Plaza España 1. 27700 Ribadeo (Lugo)
Teléfono: 982120700 | Fax: 982130975
Correo electrónico: